Espacio Aberto. Escola de teatro. Escola de danza | Espacio abierto. Escuela de teatro. Escuela de danza | Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 48 - Baixo
15704 - Santiago de Compostela
T. 981 58 82 90
E-mail: info@espacioaberto.net

 
logo
GALEGO | CASTELLANO
Documento sin título
Formación actoral
  Modelo de ensino
  Actuación Diante da Cámara
  Análise de Textos Dramáticos
  Iniciación ó Teatro
  Interpretación
  Novo Curso
Traballo Corporal
  O Texto na Escena Contemporánea
  Preparación Física do Actor/Actriz
  Técnica Vocal
  Teoría e Historia do Teatro
Formación en danza
  Modelo de ensino
  Danza contemporánea
  MODERN JAZZ FUSION
  Novo Curso de
TANGO ARGENTINO
Outros cursos
  Estiramentos e Percepción Corporal
  Expresión Oral
MáisAberto
 
  + Actividades
A escola
  Historia
  Histórico de cursos
  Estudantes da escola
Máis información
  Enlaces
 
Espacio aberto e a súa historia

Dende a súa constitución, en 1992, Espacio Aberto, aposta por vías, métodos e propostas escénicas contem poráneas; ademais de desenvolver un proxecto formativo que se renova e evoluciona ano tras ano, trabállase na adaptación do seu plantexamento metodolóxico ós permanentes cambios que se producen nas distintas manifestacións artísticas dos nosos días, sen esquecer a ollada necesaria ós grandes autores e autoras e teorías teatrais do século XX. O proceso formativo en Espacio Aberto ten como obxectivo situar ó/á alumno/a ante a propia responsabilidade de ser artista, creador/a e transformador/a da realidade e, asimesmo, transmisor/a do que percibe, con total autonomía e liberdade creativa.

O carácter múltiple e interdisciplinar da arte como vehículo de expresión adaptado ó devir contem poráneo é un feito. A liberación da imaxinación como orixe de sentimentos e conceptos, xunto co adestramento e a formación como proceso permeable de aprendizaxe para a súa canalización, culminan na liberdade expresiva: unha condición indispensable para que todo artista desenvolva a súa labor de creación e transformación de forma aberta, autónoma e libre de todo prexuicio.

O entrenamento da imaxinación e a preparación física, intelectual e conceptual, constitúen as ferramentas máis valiosas para o desenvolvemento da individualidade creadora, para dende a liberdade e o posicionamento crítico e reflexivo afrontar a labor actoral como verdadeira canle de creación e transformación.

 
ORGANIZACIÓN DA ESCOLA
Dirección: Carlos Neira

Profesores: Carlos Neira, Cristina Domínguez, Sonia Méndez, David Loira, Xus Raíndo, María Angeles Iglesias, Manuel Rodríguez, Javier García.

Xestión e coordinación: Carmen Neira

Deseño gráfico: Pablo Costas

Distribución de Publicidade: Xan Martínez

Deseño páxina Web : Xosé Pereira

Fotografías: Xoque Carbajal, Alfonso Blanco e carmen neira

Compañía asociada: Nut Teatro

Actores/Actrices que neste momento traballan na Compañía: Iria Sobrado, Nerea Barros, Xiana López,e Arantza González.


 

Espacio Aberto. Escola de teatro. Escola de danza | Espacio abierto. Escuela de teatro. Escuela de danza | Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 48 - Baixo
15704 + Santiago de Compostela
T. 981 58 82 90
E-mail:. info@espacioaberto.net