Espacio Aberto. Escola de teatro. Escola de danza | Espacio abierto. Escuela de teatro. Escuela de danza | Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 48 - Baixo
15704 - Santiago de Compostela
T. 981 58 82 90
E-mail: info@espacioaberto.net

 
logo
GALEGO | CASTELLANO
Documento sin título
Formación actoral
  Modelo de ensino
  Actuación Diante da Cámara
  Análise de Textos Dramáticos
  Iniciación ó Teatro
  Interpretación
  O Texto na Escena Contemporánea
  Preparación Física do Actor/Actriz
  Técnica Vocal
  Teoría e Historia do Teatro
  Traballo Corporal
Formación en danza
  Modelo de ensino
  Método TALMI
  Curso Intensivo
Danza contemporánea
  FUNK-JAZZ
  MODERN JAZZ FUSION
  Novo Curso de
TANGO ARGENTINO
Outros cursos
  Estiramentos e Percepción Corporal
  Expresión Oral
MáisAberto
 
  + Actividades
A escola
  Historia
  Histórico de cursos
  Estudantes da escola
Máis información
  Enlaces
 
Actividade
Participación III Xornadas Cidadania e Teatro

O director de ESPACIO ABERTO Carlos Neira participou o pasado día 19 nas III Xornadas cidadanía e teatro organizadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Celebradas no Auditorio de

Datas de celebración: 19 NOVEMBRO
Horario: 18:30

Descrición: Carlos Neira na súa intervención, dentro da mesa de traballo nº2, falou sobre a relación do actor e da actriz de teatro co medio audiovisual na actualidade.

PONENCIA
Tras dezaoito anos como docente, é a primeira vez que recibo o convite de estar presente nunha mesa de debate arredor do actor/actriz e do feito teatral en relación co audiovisual en Galicia. E é esta oportunidade a que me leva a pensar e mesmo a me preguntar cales poden ser os factores que están a cambiar arredor da figura do docente e das persoas que deciden recibir unha formación actoral.

Dalgún xeito ate fai algún tempo a figura do docente estaba a ser pouco recoñecida dentro da propia profesión debido, entre outras cousas, a que no ámbito teatral o actor desenrolábase profesionalmente a través doutros factores tales coma a experiencia, as “tablas”, a linguaxe aprendida dentro dos códigos da representación tradicional ou as relacións de aprendizaxe mútua, partindo en moitas ocasións da observación entre os integrantes dun grupo ou compañía…
Mais coa chegada plena do audiovisual, convertida en saída laboral e en principal fonte de ingresos para o actor e non necesariamente coma vía de expresión artística, o emprego da imaxe proxectada como arma de promoción do propio actor e a búsqueda continua da inmediatez tanto no ámbito da producción coma no proceso creativo…, o docente así coma a formación actoral tórnanse en figuras fundamentais a ollos do audiovisual e do teatro contemporáneo.
Daquela, o docente comeza a ser visto pola profesión e o medio artístico coma un constructor indispensable de cimentos, que ten coma misión principal ir colocando as pezas con precisión dentro do futuro actor para que, unha vez rematada a formación, nada estorbe e todo poida ser sumado.
Un traballo previo que comeza dende a base e que debe situar ao alumno ante a súa propia responsabilidade de executar, transmitir e crear, para posteriormente ser quen de poñer as súas propias facultades ao servizo dos novos medios e plantexamentos que tanto o audiovisual, o teatro contemporáneo, así coma un público de mirada elaborada e crítica están a demandar.

Prácticas nas que a formación comeza a constituirse como tal e a verse materializada, a levedar adaptándose ás esixencias que o actor debe resolver con maior ou menor brevidade. Pois é o tempo unha característica indispensable a ter en conta cando nos referimos á práctica teatral contemporánea, xa que os procesos son vitais e os tempos, ao igual que na fermentación, dependen das cantidades dispostas e non deben ser alterados.

Trátase en definitiva de que o docente faga unha posta a punto dende a que partir para poder afrontar os novos tempos, unha fendidura limpa no actor a través da que atopar a forma dentro do bloque…pois será a base de desbastar o xeito de atopar o quilómetro cero.
Aínda así, existen claras diferencias na actitude que debe adoptar o actor á hora de enfrontarse aos traballos no audiovisual ou no teatro contemporáneo. Pois son estes, edificios con diferente estructura que ofrecen e demandan por parte do actor heteroxéneas actitudes das que non sempre é consciente.

Atopámonos nun momento no que a mirada do público lanzada cara ó medio artístico está totalmente educada pola producción audiovisual. A televisión e o cinema revolucionaron dende hai moitos anos as maneiras de entendernos e de comunicarnos. Este feito, entre outros, convertéuse nun dos motivos polos que os códigos de representación teatrais aos que estabamos acostumados quedaron obsoletos - se falamos sempre en termos de contemporaneidade- .

A demanda de novos códigos por parte deste novo público de mirada (re)educada, provocou por unha reacción lóxica unha nova metodoloxía teatral contemporánea e complexa na que a figura do docente é imprescindible. Un novo marco para a creación á que non todo actor está decidido a enfrontarse, pois o seu papel non é somentes actoral senón que esixe a implicación dun creador.

Establécense así dentro desta nova situación metodolóxica tres factores nos que tanto actor coma director vense plenamente implicados: - a creación dunha proposta teatral valéndose dos novos códigos, - a elaboración dunha proposta conceptual a partir dun discurso e - a proposta actoral que nunca debe basarse na inmediatez senón no proceso.

Xurden daquela traballos onde desaparece a representación teatral tal e como a entendíamos anteriormente, onde a forma é propiamente discurso e viceversa, onde o actor é executor do concepto. Traballos que marcan –como dí José Luis Pardo – a diferencia entre vivir e pasar o rato, que precisan dun proceso e que debido entre outras razóns: ao activismo do seu discurso, á súa elaboración no tempo e á gran implicación autoral requerida, inclúense directamente e sen pensalo dúas veces na etiqueta de alternativos.

Dalgún xeito: a posesión do inmediato, as ganas de verse proxectado, a necesidade de promocionarse a través da imaxe, as presas por ser visto e a necesidade de autorefenciarse…, fan en moitos casos que, cando o actor comeza a súa formación actoral a través do teatro, esté pensando a priori na saída que este pode proporcionarlle cara o audiovisual. Sen ter en conta que o teatro e o audiovisual son linguaxes paralelas pero diferentes. Onde os códigos son outros, onde as esixencias da industria son outras e onde ademáis dunha imaxe física que cada vez é demandada como máis inalcanzable, estética e perfecta ca nunca, débese ofrecer unha maneira propia de estar que non se consigue se antes non se atopa.

Como marcabamos ao comezo deste texto, hai factores que están a cambiar arredor das persoas que comezan a súa formación actoral. Factores que non nacen directamente dos seus desexos puramente vocacionais, senón que veñen pautadas polo poder que ten a imaxe proxectada. Un poder que revoluciona a cada paso os seus propios límites. Que fai que un rostro poida ser visto en calqueira lugar por outros rostros que miran e xulgan. Que pode multiplicarse riba del mesmo ate o infinito en innumerables mutacións, que se lle escapan mesmo ao propio actor que as xenerou nun primeiro momento. Un poder demasiado atractivo coma para escapar del.

É indudable cas cifras económicas acadadas pola imaxe proxectada son dispares cuantitativamente en comparación coas teatrais. Non son enemigos, pero no que a ganancias económicas se refire hai un claro perxudicado.

Pero tamén é real, que levamos asistindo a un periodo no que o audiovisual e o teatro camiñan da man bebendo o un do outro, readaptándose nos discursos e buscando novos códigos, sen deixar de lado a súa esencia.
Unha adopción do audiovisual por parte do teatro na que, empregando os novos medios a favor do medio teatral e non para ser absorvido, asistimos a unha aposta próxima aos novos públicos e ás novas necesidades. Na que os actores non son filmados, senón que filman e fílmanse no discurso. Na que o teatro atopa artísticamente unha saída cara adiante, úníndose ao poder que lle atorga a imaxe para autoreferenciarse e para voltarse, se cabe, aínda máis presente.

Máis información en info@espacioaberto.net

 
foto


 

Espacio Aberto. Escola de teatro. Escola de danza | Espacio abierto. Escuela de teatro. Escuela de danza | Santiago de Compostela

Rúa de San Pedro, 48 - Baixo
15704 + Santiago de Compostela
T. 981 58 82 90
E-mail:. info@espacioaberto.net