A acrobacia permítenos un maior contacto con nós mesmos, unha ferramenta de autoconciencia que nos invita a redescubrir as nosas posibilidades.
Datas de celebración: do 25 ó 30 de xuño-07
Horario: 21 horas
Descrición: A acrobacia permítenos un maior contacto con nós mesmos, unha ferramenta de autoconciencia que nos invita a redescubrir as nosas posibilidades. Facer acrobacia é xogar co corpo, superar os bloqueos, descubrir dende o físico e o perceptual zonas grises do noso pensamento e do noso xeito de facer. Así como imos traballando os distintos puntos de apoio, a concentración da enerxía e a confianza, vanse descubrindo aspectos persoais ata agora descoñecidos, e aprendendo cómo facer menos para lograr máis.
Un dos obxectivos do taller é aprender a transformar a enerxía negativa do medo nunha enerxía que nos permita accionar dun xeito diferente. A acrobacia non é a búsqueda dun resultado senón o aproveitamento da experiencia da búsqueda. Se aprendemos a relacionarnos co noso corpo e a movernos máis alá das nosas limitacións físicas, descubrimos o xeito máis sinxelo de permanecer centrados.
A acrobacia logra ampliar os límites corporáis do actor mediante un entrenamento baseado na precisión dos movementos, a relaxación activa ou tensión mínima necesaria, a concentración, o manexo do espacio, o dominio do corpo dentro do espacio, a canalización da enerxía interna e a audacia.
Contido do taller: Introducción á acrobacia, Traballos pre-acrobáticos, Manexo e desenvolvemento de distintos puntos de apoio. Exercicios acrobáticos simples, Manexo da enerxía, exercicios de acrobacia en dúos, tríos e grupáis.
Máis información en info@espacioaberto.net
|